martes, 10 de maio de 2016

Ruta dos Faros

Bos días, amantes dos clásicos!!!!

Xa estamos preparando a XVII Concentración de Clásicos do Baixo Miño, non podendes faltar o próximo domingo 5 de xuño.
Mentras déixovos cunhas imaxes da Saída cultural do 23 é 24 de abril

mércores, 20 de abril de 2016

Saída Cultural Clásicos Baixo Miño

Este fin de semana vamos sacar os nosos clásicos de paseo, como vimos faendo anos atrás reservamos un fin de semana o ano para faer a Saída Cultural.

A continuación vos deixo unha mostra do que foi a Saída Cultural do 2015.





















mércores, 30 de xullo de 2014

XV concentración clásicos baixomiño


Gran éxito na XV concentración, que tuvo a participación de aproximadamente 100 coches, produciu unha gran expectación nas rúas de Tomiño.  Un día soleado permitiu os mais de 200 participantes disfrutar do percorrido pola costa, camiño a Baiona, donde os participantes poideron degustar unha exquisita comida e disfrutar dun lugar emblemático como é o Parador de Baiona.



domingo, 13 de xullo de 2014

I Feitoclásica


Si deseas poner un stand en la feria, o poner en venta tu coche clásico, no dudes en ponerte en contacto con nosotros..


mércores, 2 de xullo de 2014

Presentacion no concello I edicion Feitoclasica



Presentada no Concello a XV Concentración de Clásicos e I Edición Feitoclásica

A concentración será o vindeiro domingo (1 de xuño), e do 25 ao 27 de xullo, a “I Edición Feitoclásica” (Feira Tomiñesa de Clásicos)

O vindeiro domingo, 1 de xuño, a Asociación de Clásicos Populares Baixo Miño organiza, en colaboración co Concello de Tomiño, a XV Concentración de Clásicos, en Tomiño, dende onde sairán en caravana, pola costa, con destino a Baiona.

Por outra banda, os días 25, 26 e 27 de xullo, organizan a “I Edición Feitoclásica” (Feira Tomiñesa de Clásicos) con exposición, ofertas e mercadiño, nas naves de PCM (Forcadela, estrada Tui-A Guarda).

Ambos os dous eventos foron presentados este mediodía no Concello de Tomiño, coa presenza da alcaldesa Sandra González e a concelleira de Deportes, Cristina Martínez, e por parte da Asociación de Clásicos, José Besada Fernández, José Mª Gude Méndez, e Carlos Alonso, presidente, secretario e vocal, respectivamente.

Os organizadores informaron que agardan a participación de máis de cen coches clásicos na concentración do próximo domingo.

Segundo explicou o presidente da asociación, os obxectivos da concentración seguen sendo os mesmos das catorce edicións anteriores: por unha parte, “dar a oportunidade a todos aqueles propietarios de vehículos de máis de 25 anos, acollidos á lei de exención de impostos, de exhibilos como elementos do Patrimonio Automobilístico Nacional, e por outra, servir de reclamo, coñecemento e disfrute dos encantos das terras do Baixo Miño”.

A Asociación de Clásicos Populares Baixo Miño, con sede en Tomiño, pero de ámbito rexional, nacional e internacional, leva funcionando ininterrompidamente desde o ano 2000, cumprindo os obxectivos de traballar por e para os vehículos históricos. Participa en eventos promovidos por outras asociacións e, internamente, organiza concentracións e circuítos culturais, como o da V Saída 2014, os días 17 e 18 de maio pasados, pola ruta da costa, deica Fisterra, onde participaron 30 coches.