luns, 26 de decembro de 2016

Sábado, 24 de decembro Clásicos Baixo Miño fixo unha pequena concentración de Nadal na praza do Seixo de Tomiño. Día soleado e agradable para sacar a asollar os pupilos que estaban balorecidos no garaxe. Tamén foi a ocasión para lucir novas adquisicións e mesmo a concorrencia de non socios que, por certo, algún solicitou a alta no club. Contamos con medio cento de coches e aproximadamente 75 persoas. Rematouse a mañá cun aperitivo no restaurante a Nova Colina.
As ilusións de celebrar un premio na lotería de Nadal non tiveron froito, pois aínda que levabamos 540 € no nº 75456, non deron nin os bos días ( a esperanza mantense)


























martes, 7 de xuño de 2016

XVII Concentración de Clásicos Baixo Miño



E imos con 17!  Sí, señor, pola XVII CONCENTRACIÓN DE CLÁSICOS BAIXO MIÑO, celebrada o pasado 5 de xuño, co beneplácito do home do tempo, ideal para lucir as nosas vellas monturas mecánicas. Xa é un ritual para os amantes dos clásicos: primeiro domingo de xuño, concentración en Tomiño, bonita vila no sur de Pontevedra, irmandada con Portugal da man do pai Miño.
De moitos lugares de Galicia, de Portugal, de Tordesillas déronse cita para confraternizar nos almorzos caseiros e o bo xantar no incomparable marco do Parador Conde de Gondomar en Baiona.
 Un Ford A del 29, Citroen 11 e 15, os Seat, Cadillac, Panter Kallista, Mercedes, Renault, MG, Mini, Jaguar, Mustang… ata un total de 101 coches,  lucían flamantes coas mellores galas para a ocasión. E a  rengleira multicolor, nunha camiñada de 50 km., tras percorrer a estrada paralela ao río Miño, enfilaron a vía da costa atlántica coa maxestuosa e agreste paisaxe das empinadas montañas. O aroma mareiro das ondas que rompían nos cons da costa daba un certo aquel de pracer que, mesmo, os motores suavizaron o seu ronroneo para que puideramos desfrutar do momento.

Dous son os obxetivos das concentracións de Clásicos Baixo Miño e que con creces se están cumprindo: un, dar a oportunidade a todos os propietarios dun vehículo histórico para a súa exhibición como elemento do Patrimonio Automobilístico e dous, servir de reclamo para desfrutar dos encantos do Baixo Miño.
Interior MGB de 1964

Os coches da Directiva marcaron o inicio do estacionamento para algo máis de 100 coches
Mini Van do 65 de Carlos en estrea 











Testemuña: un Mini Van recén restaurado que abre paso para o estacionamento
Os 600 de Arcade en liña de saida



A Praza do Seixo vaise ateigando de máquinas que os visitantes non deixan de examinar. E aí vai a serpe multicolor camiño do Atlántico en sonora procesión de musicais sinfonía dos tubos de escape.
























































































O destino era o Parador de Baiona.... Donde os conductores e acompañantes disfrutamos dun exquisito menú....

Gazas a todos por asistir, e esperámosvos o ano que vén...