martes, 7 de xuño de 2016

XVII Concentración de Clásicos Baixo Miño



E imos con 17!  Sí, señor, pola XVII CONCENTRACIÓN DE CLÁSICOS BAIXO MIÑO, celebrada o pasado 5 de xuño, co beneplácito do home do tempo, ideal para lucir as nosas vellas monturas mecánicas. Xa é un ritual para os amantes dos clásicos: primeiro domingo de xuño, concentración en Tomiño, bonita vila no sur de Pontevedra, irmandada con Portugal da man do pai Miño.
De moitos lugares de Galicia, de Portugal, de Tordesillas déronse cita para confraternizar nos almorzos caseiros e o bo xantar no incomparable marco do Parador Conde de Gondomar en Baiona.
 Un Ford A del 29, Citroen 11 e 15, os Seat, Cadillac, Panter Kallista, Mercedes, Renault, MG, Mini, Jaguar, Mustang… ata un total de 101 coches,  lucían flamantes coas mellores galas para a ocasión. E a  rengleira multicolor, nunha camiñada de 50 km., tras percorrer a estrada paralela ao río Miño, enfilaron a vía da costa atlántica coa maxestuosa e agreste paisaxe das empinadas montañas. O aroma mareiro das ondas que rompían nos cons da costa daba un certo aquel de pracer que, mesmo, os motores suavizaron o seu ronroneo para que puideramos desfrutar do momento.

Dous son os obxetivos das concentracións de Clásicos Baixo Miño e que con creces se están cumprindo: un, dar a oportunidade a todos os propietarios dun vehículo histórico para a súa exhibición como elemento do Patrimonio Automobilístico e dous, servir de reclamo para desfrutar dos encantos do Baixo Miño.
Interior MGB de 1964

Os coches da Directiva marcaron o inicio do estacionamento para algo máis de 100 coches
Mini Van do 65 de Carlos en estrea 











Testemuña: un Mini Van recén restaurado que abre paso para o estacionamento
Os 600 de Arcade en liña de saida



A Praza do Seixo vaise ateigando de máquinas que os visitantes non deixan de examinar. E aí vai a serpe multicolor camiño do Atlántico en sonora procesión de musicais sinfonía dos tubos de escape.
























































































O destino era o Parador de Baiona.... Donde os conductores e acompañantes disfrutamos dun exquisito menú....

Gazas a todos por asistir, e esperámosvos o ano que vén...



















martes, 24 de maio de 2016

29 DE MAIO - CONCENTRACIÓN DE CLÁSICOS EN OURENSE
Organiza  Clásicos comarca do Sar

 30 coches de Clásicos Baixo Miño participaremos nesa xuntanza promovida polo noso amigo Emilio e compañía. 15 coches son da marca CITROEN que se xuntarán con outros  dos outros clubes ou particulares para honrar esa marca de camélidos rodantes.


Presentando o Citroen 8 comprado o 8 de marzo de 1976. Recuperado e restaurado



 



luns, 23 de maio de 2016

anagrama BM      
ASOCIACIÓN CULTURAL CLÁSICOS POPULARES BAIXO MIÑO
CIF – G36483535  -   Cimadevila, 9 36746 Santa Mª de Tebra - Tomiño  clasicosbaixomiño.blogspot.com // clasicosbaixomino@gmail.com

XVII CONCENTRACIÓNCLÁSICOS POPULARES BAIXO MIÑO     
(5 Xuño 2016)

FOLLA DE INSCRICIÓN NON SOCIOS
Conductor:
Nome e apelidos________________________________________________________
Enderezo_________________________________________CP__________________
Telf. ___________________________
Acompañante:
Nome e apelidos________________________________________________ _ _______
Enderezo_________________________________________CP___________________
Telf. ___________________________
Vehículo:
Marca_________________________Modelo: _________________________________
Matrícula___________________Ano fabr. _____________Data ITV_______________
Compañía Aseguradora___________________________Póliza nº_________________­­­
Domingo 5:
                              Comida Adultos _____   x 28 = ­­________ €
                           Nenos (5 - 10 anos) ___      x 15 = ________ €
                                                                 TOTAL = ________ €

O pago da incrición farase mediante ingreso na c/c a nome da Asociación en  BANCO POPULAR: ES96 0238  8323 3806 0015 8776, antes do 1 de xuño . Pódese comunicar telefónicamente ou por correo a asistencia a blogspot.clasicosbaixomino.com
   (hai nº tope de inscricións, aceptaranse por rigorosa orde de recepción)
-          COCHES MATRICULADOS ANTES DO 1990 OU DE ESPECIAL CARACTERÍSTICA
Coa firma da presente folla o participante comprométese:
Respectar e cumprir as normas de circulación e regulamento da proba
Eximir á organización de toda responsabilidade polos danos que poidan sufrir ou ocasionar antes, durante e despois do evento.
Ter o vehículo co correspondente seguro maila ITV en vigor.

                                   En ______________________a ____ de maio de 2016

Asinado: ________________________________________
Tel. 606114905 //646979038//609606730    FAX: 986624235
HORARIO:
* 10 - 10,30       CONCENTRACIÓN PRAZA DO SEIXO
* 13,00       SAÍDA EN CARABANA  TOMIÑO - A GUARDA - OIA – VILADESUSO  - BAIONA
* 14,00      COMIDA RESTAURANTE PARADOR DE BAIONA

* 17,00      REMATE, DESPEDIDA E EXPOSICIÓN NO PARQUE DE A  PALMA (BAIONA)

mércores, 11 de maio de 2016

XVII CONCENTRACIÓNCLÁSICOS POPULARES BAIXO MIÑO     
(5 Xuño 2016)

-         COCHES MATRICULADOS ANTES DO 1990 OU DE ESPECIAL CARACTERÍSTICA

-         Todo participante debe comprometerse a:
Respectar e cumprir as normas de circulación e regulamento da proba
Eximir á organización de toda responsabilidade polos danos que poidan sufrir ou ocasionar antes, durante e despois do evento.
Ter o vehículo co correspondente seguro maila ITV en vigor.
Esta concentración estará supervisada pola FEVA, conta cos oportunos permisos viarios e co seguro de RC.

HORARIO:

*10 -  10,30       CONCENTRACIÓN PRAZA DO SEIXO (TOMIÑO)

* 12,30       SAÍDA EN CARABANA  TOMIÑO - A GUARDA - OIA – VILADESUSO  - BAIONA ( RECORRENDO TODO O LITORAL ATLANTICO COAS FORMIDABLES PANORÁMICAS DA COSTA E VILAS MARIÑEIRAS)

* 14,00      COMIDA RESTAURANTE PARADOR DE BAIONA

* 17,00       REMATE, DESPEDIDA E EXPOSICION NO PARQUE DE A PALMA (BAIONA)

Tel. 606114905 //646979038  - Xosé Mª
      609606730  -  José Besada