Domingo 29 de xaneiro, un día de chuvia de xustiza, celebrouse a primeira xuntanza da temporada. Aínda que en programa estaba a asistencia con coches clásicos, foron poucos os valentes que sacrificaron o histórico ao ventimperio. Non é que non aturen o chaparrón, máis ben é puro sentimentalismo procurando non estragar o que tanto aprezamos.
Coa asistencia de case un cento de persoas, socios e non socios, celebrouse a comida de confraternidade e aproveitouse para facer a asemblea anual. Entre outras cousas deuse a coñecer o calendario programado con outros clubes para non entorpecer ou pisar actividades dos demais. O calendario queda deste xeito:
CALENDARIO
SAÍDAS 2017
29/30 ABRIL 1 de MAIO Baixo Miño VIII saída Cultural
14- MAIO Clásicos do Sar Ourense
21- MAIO Club AVA A Lanzada
28- MAIO Val Miñor Gondomar
4-XUÑO club AVA Cuspedriños (Saída Club)
11-XUÑO Baixo
Miño Tomiño
18-XUÑO Automóbil Club de Galicia Santiago
8/9 XULLO La Senda Tordesillas
16-XULLO club AVA Pontecaldelas
20-AGOSTO 600 de Arcade Arcade
20-AGOSTO Escudería Iglesias Cangas
27-AGOSTO Clásicos do Sar Padrón
27- AGOSTO Melias
3-SETEMBRO Salnés Cambados
2-3 –SETEMBRO 600 Palencia Palencia
23-SETEMBRO Aut. Club Galicia Xornadas Pat. (Santiago) (SABADO)
12-OUTUBRO Val Miñor Día do socio
Xuntanza na Praza do Seixo |
Amigos de Clásicos da Comarca do Sar |
Amigos de Santiago |
Departindo na adega do Mesón da Lamprea |
Gaiteiros da terrra amenizando a festa |
Afectuosamente sen agocharse |
Estando afinados, así calquera |