venres, 28 de abril de 2017
domingo, 12 de marzo de 2017
VIII Saída cultural 2017
Como programado está, os días 29, 30 de abril e 1 de maio Clásicos Baixo Miño vai facer a VIII Saída cultural en vehículo clásico:
- 29 abril: saída de Tomiño ás 9,30 h. para ir comer a Oporto
Oporto |
- 29 de abril cear e dormir en Aveiro
Aveiro |
- 30 abril: saída para Caramulo con xantar no camiño e visita do museo
- 30 abril chegada a Coimbra para visitas, cea e dormida
- 1 de maio xantar do leitao na Bairrada e regreso a España
Museo do Caramulo |
Coimbra |
Bairrada |
martes, 31 de xaneiro de 2017
Comida anual dos Clásicos Baixo Miño
Domingo 29 de xaneiro, un día de chuvia de xustiza, celebrouse a primeira xuntanza da temporada. Aínda que en programa estaba a asistencia con coches clásicos, foron poucos os valentes que sacrificaron o histórico ao ventimperio. Non é que non aturen o chaparrón, máis ben é puro sentimentalismo procurando non estragar o que tanto aprezamos.
Coa asistencia de case un cento de persoas, socios e non socios, celebrouse a comida de confraternidade e aproveitouse para facer a asemblea anual. Entre outras cousas deuse a coñecer o calendario programado con outros clubes para non entorpecer ou pisar actividades dos demais. O calendario queda deste xeito:
CALENDARIO
SAÍDAS 2017
29/30 ABRIL 1 de MAIO Baixo Miño VIII saída Cultural
14- MAIO Clásicos do Sar Ourense
21- MAIO Club AVA A Lanzada
28- MAIO Val Miñor Gondomar
4-XUÑO club AVA Cuspedriños (Saída Club)
11-XUÑO Baixo
Miño Tomiño
18-XUÑO Automóbil Club de Galicia Santiago
8/9 XULLO La Senda Tordesillas
16-XULLO club AVA Pontecaldelas
20-AGOSTO 600 de Arcade Arcade
20-AGOSTO Escudería Iglesias Cangas
27-AGOSTO Clásicos do Sar Padrón
27- AGOSTO Melias
3-SETEMBRO Salnés Cambados
2-3 –SETEMBRO 600 Palencia Palencia
23-SETEMBRO Aut. Club Galicia Xornadas Pat. (Santiago) (SABADO)
12-OUTUBRO Val Miñor Día do socio
Xuntanza na Praza do Seixo |
Amigos de Clásicos da Comarca do Sar |
Amigos de Santiago |
Departindo na adega do Mesón da Lamprea |
Gaiteiros da terrra amenizando a festa |
Afectuosamente sen agocharse |
Estando afinados, así calquera |
luns, 26 de decembro de 2016
Sábado, 24 de decembro Clásicos Baixo Miño fixo unha pequena concentración de Nadal na praza do Seixo de Tomiño. Día soleado e agradable para sacar a asollar os pupilos que estaban balorecidos no garaxe. Tamén foi a ocasión para lucir novas adquisicións e mesmo a concorrencia de non socios que, por certo, algún solicitou a alta no club. Contamos con medio cento de coches e aproximadamente 75 persoas. Rematouse a mañá cun aperitivo no restaurante a Nova Colina.
As ilusións de celebrar un premio na lotería de Nadal non tiveron froito, pois aínda que levabamos 540 € no nº 75456, non deron nin os bos días ( a esperanza mantense)
As ilusións de celebrar un premio na lotería de Nadal non tiveron froito, pois aínda que levabamos 540 € no nº 75456, non deron nin os bos días ( a esperanza mantense)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)