domingo, 31 de xaneiro de 2010

De profesión, CAZAPARVOS

Di o refrán que "a can fraco todo son pulgas". Iso é o que algún "espavilado" lle está sacando rendemento a unha situación social que agora estamos a padecer: a crise (parece ser). Artimaña que esta aplicando CLASSICS MACHINES de Cesantes. O tío cunha cara de non matar unha mosca e outra "cara" para engatusar (ademais falando un "castejano", que lle ronca o tubo de escape) a víctima soe caer nas súas redes; como me pasou a min.

Técnica: Cando observa que alguén quere vender un coche clásico ou non, el chama e ofrece a venderlle o coche e no caso de non vendelo en tres meses, págache o coche polo acordado (mesmo faiche un contrato asinado) Todo vai ben ata o remate do prazo, logo o problema é cobrar o coche... "Espérame unos días..., lo tengo apalabrado..., el coche ni Dios lo toca..., no he cobrado una factura..., el coche me lo quedo..., vente por el coche (despois de seis meses)..."

E cando decides ir polo coche, parece que lle tes que pedir desculpas; cunha falta de repecto e educación que ten moito que desexar.

Evidentemente que o negocio é redondo: ti déixaslle o coche, el non invirte nada, pono a venda polo que lle dá a gana e se o vende gañou unha cantidade de bíbilis-vobis. Porque, se se vai quedar co coche, por que non cho paga xa ou non che dá un sinal.

Isto e un delito, sobre todo habendo un contato asinado, pero polo valor do coche non paga a pena andar en xustiza. E con iso xoga o "pajarito"Coidadín, coidadín, que a présa non che faga caer nestas manobras. Xa sabes como actua CLASSICS MACHINES DE CESANTES.